Pediuma e non me puiden neghar,
a facerlle unha chaqueta de lana,
último ghrito, no so na Habana,
que iso xa o dixeron os Herdeiros da Crus,
senón en toda a comarca
das Mariñas, claro.
E ata lle fixen caperuchiña, con orellas de lobiña
para que quedaran ben acochadiñas as orellas tamén.
Esta prenda de inverno,
cor viño coma un mencía gorentoso,
salienta nas loiras a brancura da pel.