Traduce al gallego o a otro idioma

lunes, 25 de septiembre de 2023

ROSAMEIGHA

Rose the Hat, malvada meiga especialmente inspiradora de Doctor Soño. 
E Stevie Nicks, a morcega hippie máis máxica da música do s,XX. Eterna coma os "Dreams", "Everywhere".
 To be continued....
E chegou RosaMeigha á familia Lanuxa: unha maga branca con sombreiro de copa froreado e feiticeiro. 
Voilà!












 


viernes, 15 de septiembre de 2023

jueves, 14 de septiembre de 2023

CABASEIRAS





 

Hórreo, piorno, cabazo ou celeiro,

noutrora templo do pan, pío graneiro,

da cruz ate o bico, a deus máis ao demo

louvabas á mesa e pagabas os diezmos.


De pedra esculpido por rexos canteiros,

falabas coas verbas de arxinas segredos;

ou feito a machado dos bos carpinteiros,

mataches por séculos o medo famento.


Mais hoxe te laias baldeiro e senlleiro,

non tes + contido que a burla do vento

que raña con saña os baldíos esteos,

a nada dos ermos terreos galegos.


Onde está o maxín dos pobos labregos?

Buscando en contedores só os restos 

que rexeitan os ricos farturentos

nas urbes do gran desafiuzamento.


Non precisas + que o que tes ben perto:

a auga, o sol, a terra e o ceo,

para seguir loitando polo teu pelexo

e honrar a memoria dos teus antergos.


Hórreo, piorno, cabazo ou celeiro,

heite encher de novo e has morrer ergueito.

Sabela Latas

jueves, 7 de septiembre de 2023

MEIGA ESPANTALLA

 














Odiaba os paxaros, as aves e calquer creatura dotada de ás coas que poidera erguer o voo. Esta meigha espantalla vivía chantada nunha leira de millo de Bedús, sentíndose aborrecida e absurda no seu perpetuo estricar ao ceo os brazos recheos de palla a fin de tornar os granívoros todos, tamén os simpáticos xabaríns. 

Debía cumprir co seu contrato indefinido de "Asustadora de comelláns a tempo total" asinado coa insufrible raza humana. Así ata que chegou un día que tomou conciencia da súa real esencia: ela era unha bruxa piruxa, da antiga estirpe das Catuxas Tolas, das que cando fartan de verdade, liscan da fartura por sempre. Por iso, baixou os brazos atorados, remangouse, colleu unha rama de xesta, desas das que toda a vida téñense usado como vasoira, e susurrou ao vento as vellas palabras máxicas que endexamais fallan porque dinse con desexo... 

E saiu ceive voando cara o ceo, rindo da liberdade reconquistada e dos estúpidos contratos rompidos en anacos tamén flotando a milleiros no ar. Daquela, os paxaros piaron ao son por aquela meiga, acolléndoa coma unha voadora máis, comprendendo que nunca os odiara: que só era envexa.