Traduce al gallego o a otro idioma

miércoles, 28 de febrero de 2024

Meigha Mari Cata

 


"Mari Cata é a que canta
cando a orquesta descansa. Os viciños aclámana 
porque ela templa as ialmas ao chorare i ao rimare".
A súa voz entona un pasado hermético, 
tan sentido e tan segredo,
 que pechouse cara drentro, 
coma un burato mouro, 
i cando calou,
endexamais entoou 
unha tibia nota do seu arte 
ós seus netos futuros: 
elas creríana muda 
e dura de corazón.
Calou o rousinol acochado no seu peito, 
matou o miare primeiro dos ghatiños recén paridos,
levou para ningures a súa verdade da orixe,
e das dos outros,
e dou igual que un día fora aplaudida por estranos: 
os propios n' perdoaron,
,n' a coñeceron.


























Meigha Colora