Ánodos, cátodos e filamentos!
A maxia non é un invento,
a tecnoloxía marca os tempos
e o futuro é hoxe mesmo!
Chips, drons, selfies e wasaps!
Como heiche mandar un "te quero"
porque pouca batería hame quedar
despois de tódolos "me gusta" dar?
Facebook, Twiter, Google Máis!
Viva a amizade sen apertar,
os bicos con contrasinal
e o amor libre e viral!
Cables, wifi, smartphons!
O que ven será moito mellor:
ben chantados no sillón,
inertes, desmemoriados, pero ON.
Como dicía a Bruxa Avería
nos anos da nosa mocería:
Fai deporte, non botes tripa,
sé olímpico e participa!
Non se ría, non se ría...
No hay comentarios:
Publicar un comentario