Hoxe parécenos normal ver unha muller gaiteira enriba dun escenario, xa teña os cabelos verdes ou o cráneo pelado, pero isto non foi así sempre. De feito, no diccionario de Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández (1932) chamado “Vocabulario del bable de occidente” se define a verba gaitero como:
El que toca la gaita; y gaiteira, la mujer del gaitero. Ús. Como adj. Para designar la persona ridículamente alegre, y se emplea de Navia al Eo, y en gall. Y port.
A muller do gaiteiro, si, porque a esas alturas do século XX a sociedade, de poucas féminas tiña admirado o seu saber facer musical. Soamente está documentada na década dos 20 Áurea Rodríguez Rodríguez como líder do grupo Os Maravillas de Cartelle, aínda que os grandes éxitos destes irmáns de Ourense os levaran a actuar ata en Madrid i Arxentina. Mais terían que pasar outros vinte anos para poder desfrutar do son da gaiteira do cuarteto Os Celtas de Maside, tamén de Ourense, e acadar nada menos que os 60 (cáseque medio século) para que froitificara en Ribadeo o primeiro e único grupo feminino de gaitas habido xamais, chamado Saudade, Gaiteiras de Saudade ou Meniñas de Saudade.
A segunda acepción como adxectivo do diccionario antes citado danos a chave para entender o menosprecio que a figura do gaiteiro chegou a sofrir co paso do tempo ate convertiuse dun profesional de corte, pazo e primeiras celebracións con salario digno e contrato de por medio, a un sinónimo de borrachín e ridículo. Co desprezo dictatorial polas linguas e culturas ibéricas diferentes do castelán remataría a autoestima galega conquerida nos setenta a través da democracia recén instaurada. A labor de centos de grupos e asociacións folclóricas que saíron moitas fins de semana a recoller bailes, cantigas e toques instrumentais polas infindas aldeas de Galicia permitiu, por unha parte, conservar o patrimonio que os avós ateusoraban nas últimas lembranzas, i especialmente, reinterpretalo e sacalo á luz da rúa e dos festivais en boca dunha xuventude de netos e netas orgullosos do seu.
Hoxe en día as mulleres que aman a gaita aprenden a tocala e a tocan, sen medo a prexuicios doutrora, pero segue a ser significativo que entre a figura da pioneira das gaiteiras, Áurea Rodríguez, e as sonadas Seivane, Pato e Peón da actualidade pasara prácticamente un século enteiro. A igualdade aínda está lonxe, e Lanuxos quere achegala un pouco prestixiando ás mulleres que pensan como di a letriña, “que tanto máis ten unha ca outra, que o importante é ter ghaita”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario