Traduce al gallego o a otro idioma

viernes, 28 de septiembre de 2018

Espinete, símbolo dos barrios

Fillos dos fillos da Transición, os nosos pais emocionábanse cos nosos programas infantís cáseque tanto coma nós porque eles nunca tal viran saír dunha caixa tonta. Recentemente, miña nai de 74 anos pediume por Reis que lle gancheara un Espinete, aquel amigo de don Pimpón que nos acompañaba nas merendas (Mirindas) dos anos 80 e aínda que era medio tontecho, o queríamos igual  por rosiña e por suave. El falaba co panadeiro, co carteiro, coa tendeira i era sempre o espírito dos barrios que ben coñecemos naquel tempo, onde aínda eramos quen de saúdar polo nome ao conductor do bus e cantar unha tonada a berros mentres el asubiaba adoquíns abaixo dende Eirís a Monelos a todo gas. 
Meus pais quedaron tamén prendados de toda aquela parafernalia televisiva de Un Globo, dos globos, tres globos... e non é de estranar, pois levaba firma de xenias como Gloria Fuertes. Aínda tomaron a decisión tácita (e tan común daquela e hoxe) de falarnos a nós, seus fillos, como nos falaban aqueles seres bonitos, rosadiños e agarimosos da tele, en castelán. Mais, na intimidade da cociña, miña nai recoñecía entre risas que a meu pai só lle podía falar en galego, se non, víase ridícula.


No hay comentarios:

Publicar un comentario