En décimas
ACHEGÁDEVOS, AFOUTOS,
TRAEDE CON VÓS Á FAMILIA,
QUE QUEN NON VIU MARABILLAS
SERÁ SEMPRE UN PETAPOUCO.
E NA GALIZA NON HOUBO
XUIZO DE MÁIS CONMOCIÓN
NIN CASO DE MÁIS PAVOR,
QUE O DO OLLÁPARO E A SÚA PROLE,
QUE ANTES QUE MORRER DE FOME
"FIXEMOS DO ALCALDE RINCHÓNS!!!!!!"
DIXO O REO ANTE A XUSTIZA:
O OLLÁPARO NON É UNHA ALIMAÑA,
VEN DE ESTIRPE SOBERANA
DOS CÍCLOPES DA GALIZA,
DOS OJÁNCANOS DE ALTAMIRA.
"MAIS A XENTE TREME CON NÓS
E AÍNDA CAGHA NOS PANTALÓNS.
O NOSO OLLO DÁLLES MEDO
POIS VE O FUTURO I É FEO.
AI!, SOMOS TAN DISTINTOS DE VÓS..."
O OLLÁPARO NON COME PAN,
NIN LEGUMES NIN VERDURAS,
NIN PESCA DE ALTURA OU BAIXURA,
NIN CARNE QUE NON VIU CAZAR.
CASE QUE TODO FAILLE MAL
_SABEDE OS QUE AQUÍ ESCOITADES
POR SI É INOCENTE OU CULPABLE
DA SÚA PATERNAL PROTECCIÓN
OU DESTE INSTINTO DEPREDADOR,
CO QUE CHURRASCOU AO ALCALDE_
"TAN RICOS SON OS HUMANOS:
CARNOSOS, CHEOS DE PROTEÍNAS,
ULIDES A GOLOSINA,
A XAROPE DE XEADO..."
ACHEGA ALÓ OS DENTES, DIAÑO|||||
I ESCOITA QUE DICÍA O FISCAL,
QUE ESTABA A ACUSAR A TEU PAI
DE HOMICIDA TERRORISTA,
DE CANÍBAL ANARQUISTA
E DE MONSTRO CRIMINAL.
ISO NON É A VERDADE,
MEU PAI NON É UN ASASINO,
MAIS TEN UN FATO DE FILLOS
E MATOU POR NOS CRIARE.
I ESTABA TAN GHORDO O ALCALDE,
QUE DEU PRA MOITOS TORRESMOS
COS QUE CHUCHAMOS OS DEDOS
E AÍNDA FIXEMOS COCIDO
PARA OS DÍAS DE MÁIS FRÍO;
QUE ÉVOS MOI LONGO O INVERNO…
CALA, NON DES MÁIS DETALLES,
DA VOSA CARNICEiRÍA.
NON VES QUE A XENTE ARREPÍA
PENSANDO NESES FIAMBRES????
XA, SERÁ QUE NON PASAN FAME…
NÓS, DE TODOS OLVIDADOS,
SOMOS COMA REFUXIADOS,
INVISIBLES DE COTÍO,
DE TODIÑO PROHIBIDOS:
MENOS QUE A MERDA IMPORTAMOS.
PREGUNTÉMOSLLES, DAQUELA,
A ESTES OUVINTES ATENTOS
SI O OLLÁPARO HA QUEDAR PRESO
OU XA LIBRE DESTAS REIXAS.
VÓS DICTAREDES SENTENZA.
CULPABLE POR MATAR XENTE,
POR CRIAR AOS SEUS, INOCENTE.
POLGAR ARRIBA É CEIBO,
POLGAR BAIXO, PRISIONEIRO.
VOTAI, VOTAI, PEPERETES!!!!!
VOTACIÓN-RESULTADO LIBRE
QUÉ LEDICIA NESTE DÍA
QUE ELEXISTES LIBERALO
DÓUVOLAS GRAZAS, HUMANOS,
DE PARTE DA BICHERÍA.
E A VIVIR EN ARMONÍA
TEÑAMOS UN OLLO OU DOUS
COMO LLES PASA AOS MINIÓNS.
POIS AÍNDA SENDO DISPARES
VENSE TODOS IMPORTANTES
E NON OS SEPARA NIN DIOS.
VOTACIÓN-RESULTADO PRESO
A MAIORÍA FALOU
E CASTIGA AOS DIFERENTES.
TREMEDES POLA VOSA XENTE
E NON VOS FALTA RAZÓN,
AS LEISES ESTÁN CON VÓS.
SEGUIREMOS AGOCHADOS
NO PROFUNDO DOS COVACHOS
CONDEADOS A SER LENDA,
A EXTINGUIRNOS COA TRISTEZA
DE NON VOS DAR MÁIS BOCADOS.
BEN, AMIGOS,
XA REMATOU ESTA LERIA.
SE VOS GUSTOU, APLAUDIDE
E SACADE UNHAS MOEDAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario