Traduce al gallego o a otro idioma

domingo, 27 de agosto de 2023

Raíña Lupa versión 3


Oigan, nenos e maiores, 
olláparos de todas cores, 
apalpadores e meighas, 
polbos e trolls da xaneira, 

Barbanzáns e barbanzanas, 
de alén mar ou da montaña. 
escoiten abrindo os seus ollos, 
aínda que teñan un soio. 

Que a lenda da Raíña Lupa 
quizais non a oíron nunca 
 i era ben brava mullere 
dona de hoxe canto vedes. 

De Iria Flavia ao Pico Sacro, 
de Mallou a Caldebarcos 
tiña homes, tiña bois, 
tiña lobos e  dragois. 

Tamén tiña moito xenio, 
con el facía sortilexios: 
convertíase en serpe 
na alborada de setembre, 

 Peiteaba cabelo de moura 
no San Xoán alí na Moa 
antes de raiar o día, 
que vela daba ledicia. 

Mesmiño no Monte Pindo, 
na ruxidoira do río, 
nunha agochada espenuca 
gran tesouro tiña Lupa. 

Dis que a fervenza do Xallas 
de moedas d´ouro brilaba 
cando apousaba o sol alí 
no anovado rexurdir. 

Moitos fóronnas buscare 
por ver de se ben aquelare: 
e non acharon máis riqueza 
que a da nosa natureza; 
que nos dá o que precisamos 
si con amor a tratamos, 
e coidándoa e labrándoa 
énchenos de ricas viandas. 

Conta o Códice Calixtino, 
esa guía do Camiño, 
que chegou de Terra Santa 
unha comitiva estrana. 

Acompañaban ao corpo 
dis de Santiago Apóstolo 
e ao baixalo da barca 
buscaban quen o cargara. 

Uns bois pedíronlle a Lupa 
e a raíña, que era lurpia, 
guiounos ao alto dun covelo,
que foran cazar cotovelos. 

Recibiunos un gran dragón 
que cáseque os chamuscou 
e unha parella de touros 
aventando fume mouro.

E aqui remata esta lenda
de medias verdades chea.
O certo é que esta castrexa
era ben brava galega.

Romance lanuxo da Raíña Lupa






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario