És Medusa, a máis bela do templo de Atenea?
Son a Gorgona de crins de serpes á que non has mirar ao fondo dos ollos por non te convertires en vergoña pétrea de tí mesma.
És a doncela ultraxada polo deus do mar e arrastrada polas ondas do escarnio?
Son a testa cercenada que Perseo iza cara o mundo cal heróico trofeo patriarcal.
És a urticaria de Poseidón,
a mortal fémina violada?
Son, unha vez máis e por tódalas veces, o mito feito arte da muller poderosa neutralizada, vencida no chan e convertida en amuleto de protección do status quo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario