Traduce al gallego o a otro idioma

jueves, 7 de septiembre de 2023

MEIGA ESPANTALLA

 














Odiaba os paxaros, as aves e calquer creatura dotada de ás coas que poidera erguer o voo. Esta meigha espantalla vivía chantada nunha leira de millo de Bedús, sentíndose aborrecida e absurda no seu perpetuo estricar ao ceo os brazos recheos de palla a fin de tornar os granívoros todos, tamén os simpáticos xabaríns. 

Debía cumprir co seu contrato indefinido de "Asustadora de comelláns a tempo total" asinado coa insufrible raza humana. Así ata que chegou un día que tomou conciencia da súa real esencia: ela era unha bruxa piruxa, da antiga estirpe das Catuxas Tolas, das que cando fartan de verdade, liscan da fartura por sempre. Por iso, baixou os brazos atorados, remangouse, colleu unha rama de xesta, desas das que toda a vida téñense usado como vasoira, e susurrou ao vento as vellas palabras máxicas que endexamais fallan porque dinse con desexo... 

E saiu ceive voando cara o ceo, rindo da liberdade reconquistada e dos estúpidos contratos rompidos en anacos tamén flotando a milleiros no ar. Daquela, os paxaros piaron ao son por aquela meiga, acolléndoa coma unha voadora máis, comprendendo que nunca os odiara: que só era envexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario