Traduce al gallego o a otro idioma

viernes, 20 de febrero de 2015

HECHICERA TETONA EN TONOS CALDERO

Tiene el cabello gris, pero es pura coquetería la de esta bruja, a juego con su enorme sombrero bicolor. Le destacan los dientes grandes para cantar alegres canciones y las pechugas grandes porque es una orgullosa rolliza. Está a punto de volar con su fiel escoba a cualquier aquelarre de la comarca. Allá va...




PULPOBRUXA MARCIANA

Non ten brazos, senón tentáculos —catro—, a súa pel é verdosa cal insecto da chaira marciana, pero fai feitizos tan reais coma os da terra coa súa vara máxica. Lévaa contigo e coloniza o planeta veciño.




jueves, 5 de febrero de 2015

BRUXA AVERÍA REVIVIDA


Ánodos, cátodos e filamentos!
A maxia non é un invento,
a tecnoloxía marca os tempos
e o futuro é hoxe mesmo!

Chips, drons, selfies e wasaps!
Como heiche mandar un "te quero"
porque pouca batería hame quedar
despois de tódolos "me gusta" dar?

Facebook, Twiter, Google Máis!
Viva a amizade sen apertar,
os bicos con contrasinal
e o amor libre e viral!

Cables, wifi, smartphons!
O que ven será moito mellor:
ben chantados no sillón,
inertes, desmemoriados, pero ON.

Como dicía a Bruxa Avería
nos anos da nosa mocería:
Fai deporte, non botes tripa,
sé olímpico e participa!



Non se ría, non se ría...
...da bruxa Avería.
Si se ríe vostede, señora...
...romperá a lavadora.
Si se ríe vostede, señor...
...romperá o televisor.
¡Ánodos, cátodos e filamentos!... ¡Son un esperpento!!!!
Ja, Ja, Ja....






lunes, 2 de febrero de 2015

CADAVEIRIÑA AZUL



Eu son a cadaveiriña,
a cadaveiriña azul,
esa que voa cos corvos
e tápache os ollos con tul.

Xogamos á lebrescura,
ao agacho nos faiados,
quedamos nas noites de lúa,
poñémoslles frores ao fado.

Mexicaniña bonita,
búscame sempre en novembro,
na taberna ou na cantina,
en mollado, non en seco.

Con volantes vaporosos,
con ollos de concas escuras,
o teu trazo primoroso
debúxame a singradura.

Cadaveiriña que agardas
saír de dentro do río,
conta ata tres, dáme folgos
para che cantar un corrido.