Traduce al gallego o a otro idioma

jueves, 19 de octubre de 2023

Terrible Fifí

 





















A terrible Fifí vista por Lanuxos. Personaxe de tebeo criada por Nené Estivill e publicada na revista "Pulgarcito" da editorial Bruguera aló por 1958. Unha das "enfants terribles" do cómic español. Era unha nena pija pijísima, liante e mintireira. Por iso dicía " Cuando la nena es malilla, se impone la carrerilla" ao ter que saír pitando de situacións creadas polas súas falcatruadas.

martes, 17 de octubre de 2023

Muller Gorgona

 















És Medusa, a máis bela do templo de Atenea?
Son a Gorgona de crins de serpes á que non has mirar  ao fondo dos ollos por non te convertires en vergoña pétrea de tí mesma.
És a doncela ultraxada polo  deus do mar e arrastrada polas ondas do escarnio?
Son a testa cercenada que Perseo iza cara o mundo cal heróico trofeo patriarcal.
És a urticaria de Poseidón,
a mortal fémina violada?
Son, unha vez máis e por tódalas veces, o mito feito arte da muller poderosa neutralizada, vencida no chan e convertida en amuleto de protección do status quo.