Traduce al gallego o a otro idioma

jueves, 29 de enero de 2015

XITANA LANUXA BAILAORA


XITANA MARIÑÁ

Son dunha terra mariña,
dígovos nesta regueifa,
que para rimare cantigas
haivos que nacere meiga.

Meiga grande ou pequeneira,
morena, loura ou cobriza;
cando sona a pandeireta
hai que bailar sen preguiza.

Sen preguiza e sen cautela,
agora é xa o momento da vida, 
se agardades á derradeira,
poida que chegue espida.

Espida nacín nesta terra,
descalza na romaría.
Hai moitos que quen lles dera
saber artes de bruxería.

Bruxería contra a malquerenza,
maxia para ser querida;
si eu só quero que me queiras,
esquezo o que por ti sentía. 

viernes, 23 de enero de 2015

BABALAWA CUBANA


SANTEIRA DE CUBA

Estaba na Habana Vella
unha maxestosa santeira
fumando un habano negro,
máis negro aínda ca ela.

Entre volutas de fume
a ioruba movía as cadeiras,
levaba o ritmo co sangue,
a vida tal como latexa.

Chantado entre colares, preso,
pendurado na madreselva,
brilaba o poder do seu creto,
o seu prestixo de meiga.

Achegábanselle folgados:
"Atíname o futuro, negra".
Ela mirábaos aos ollos
e afumáballes a teima.

Ata que pasou un galego,
disque viña de Fisterra.
"Tú no llegas aquí de yuma (1),
emigrar es tu condena".


(1) turista, frecuentemente norteamericano.



miércoles, 14 de enero de 2015

LOUVANZA VIOLETA

A bruxa lanuxa Violeta marabillábase da súa cor morada. A madriña meiga gancheira dixéralle que tiña feito con ela un feitizo singular antes de nacer para que lucira á imaxe e semellanza dunha grande diva de Hollywood: a inesquecible Cleopatra de ollos malva, a gata sobre o tellado quente de cinc chamada Liz Taylor. 
Disque para o meigallo, a madriña tivera que recoller centos de feixes de arrecendentes lilas durante moitas noites de lúa chea ata xusto antes do mencer, ou roubar milleiros de brazadas de malvas nos cemiterios abandonados de ánimas doentes que as crían con mimo e sixilo, por non esquecer o ingrediente principal engadido: un chisco de brilante raiadura do lexendario diamante de 69 quilates que Richard Burton lle regalara á que fora a dona do seu corazón por dúas veces na vida. Todo elo ben misturado e fervendo a cachón no pote —oírallo contar moitas veces— constituía o caldo primixenio do seu ser.
Mais Violeta, que coñecía ben á sua parente e artesá, sabía que na súa concepción e proxecto, ademais daquela receita máxica e ritual, intervira a admiración infantil e xuvenil que a madriña sempre tivera por Liz. Esta muller, actriz desde moi nena, representaba a diferencia por riba da norma dos comúns mortais, con aqueles ollos de cor imposible e soñado, con aquela figura de vespa baixo miriñaques románticos ou sedas exipcias, con aquela súa lenda de amor de gata apaixoada dobremente confirmado no altar... Eran os tempos adolescentes en que a madriña vestíase de princesa no patio da casa e abombaba o voo do vello vestido de comunión con hulahoops amarrados con cordas, imitando o cadencioso beilar do vals nos salóns decimonónicos entre emperatrices, soldados e "Mujercitas". Eran os tempos en que os estereotipos estéticos tirados do cine e dos carteis "pin up" poñían as tetas e os pelos de punta por pintar cos beizos de rouge a boca sedenta dun namorado, ou dous, de fondos ollos mouros. Foi, pois, unha idade que, como todas, pasou e mudou por outra mais comprometida co mundo, mais seria, con verdades crúas implicadas antes en matar a deus a pisotóns filosóficos que en soñar con perder o zapato nun baile de máscaras. 
E como homenaxe á luz violeta dos ollos de Liz Taylor, aquí estaba ela, unha meiga lanuxa filla das lilas e as malvas, do cinemascope dos sesenta e da refulxencia de diamantes que xamais deixan de alumear.







La bruja lanuxa Violeta se maravillaba de su color morado. Su madrina meiga ganchilladora le había dicho que había hecho con ella un hechizo singular antes de nacer para que luciese a imagen y semejanza de una gran diva de Hollywood: la inolvidable Cleopatra de ojos malva, la gata sobre el tejado de cinc caliente llamada Liz Taylor.
Al parecer, para aquel rito mágico, su madrina había tenido que recoger cientos de haces de olorosas lilas durante muchas noches de luna llena hasta justo antes del alba, o robar miles de ramilletes de malvas en los cementerios abandonados de almas dolientes que las crían con mimo y recelo, por no olvidar el ingrediente principal añadido: una pizca de rutilante ralladura del legendario diamante de 69 kilates que Richard Burton le regalara a la que fue dueña de su corazón por dos veces en la vida. Todo ello bien mezclado e hirviendo a borbotones —se lo había oído contar muchas veces— constituía el caldo primigenio de su ser. 
Pero Violeta, que conocía bien a su pariente y artesana, sabía que en su concepción y proyecto, amén de aquella receta mágica y ritual, había intervenido especialmente la admiración infantil y juvenil que su madrina sentía por Liz. Esta mujer, actriz desde niña, representaba la distición por encima de la norma de los comunes mortales, con aquellos ojos de color imposible y soñado, con aquella figura de avispa bajo miriñaques románticos o sedas egipcias, con aquella leyenda de amor de gata apasionada confirmado doblemente en el altar... Eran los tiempos adolescentes en que su madrina se vestía de princesa en el pario de casa y abombaba el vuelo del viejo vestido de comunión con hulahoops atados con cuerdas imitando el cadencioso bailar el vals en los decimonónicos salones, entre emperatrices, militares y "Mujercitas". Eran los tiempos en que los estereotipos estéticos sacados del cine y de los carteles "pin up" ponían las tetas y los pelos de punta por pintar con labios de rouge la boca sedienta de un enamorado, o dos, de profundos ojos negros. Fue, pues, una edad que, como todas, pasó y mudó en otra más comprometida con el mundo, más seria, con verdades crudas antes implicadas en matar a dios a pisotones filosóficos, que en soñar con perder el zapato en un baile de máscaras. 
Así que, como homenaje a los ojos violeta de Liz Taylor, aquí estaba ella, una meiga lanuxa hija de las lilas y las malvas, del cinemascope de los sesenta y del fulgor de los diamantes que no se apagan jamás.