Traduce al gallego o a otro idioma

miércoles, 15 de octubre de 2014

SACÁ-LOS LENTES PRA VER

Lanuxa era unha pulpiña moi "glam", é dicir, glamourosa ata a medula, ata o punto de non saír xamais da casa sen calar as súas eternas e modernas lentes de sol de pasta fucsia fashion, malia que no exterior fose de día, de noite, de tarde, ou ben nevase, chovese a cachón ou a néboa invadíseo todo. Por suposto, tamén cando lucía un sol de xustiza, aínda que estes días eran escasos no Norte onde vivía.
Lanuxa acudía a tódalas festas de aniversario de tódolos polbos de sona da cidade, pois procuraba facerse amiga dos seus axentes de prensa i eventos en canto tiña unha mínima oportunidade, así que a octopus, cando se topaba co homenaxeado, soltaba só o tópico de "Parabéns, que tal?" e dedicábase a contarlle algunha anécdota xocosa que lle viña de pasar vindo á reunión. Todos se rían, era certo, pero deste xeito, Lanuxa apenas podía manter unha conversa tranquila con ninguén, pois ninguén interesáballe de verdade, nin se preocupaba por escoitar a outro polbo que non fose ela mesma. 
Un día sentiuse moi soa no medio dun cento de descoñecidos dos que non sabía máis nada que o nome e o número de móbil. Saíu correndo ao aseo con bágoas nos ollos, e por unha vez quitouse en público as glamourosas lentes. Ao seu lado, alguén lle preguntou: " Por que choras? " Ela non sabía a resposta, pero si soubo que aquel verdadeiro interese por ela espertoulle as ganas de saber máis dese alguén tan comprensivo. Secouse as pálpebras, escoitou con pracer a historia do seu novo amigo e acabou regalándolle as súas espléndidas lentes para sempre.






No hay comentarios:

Publicar un comentario