Traduce al gallego o a otro idioma

jueves, 16 de octubre de 2014

TARÁNTULA TARANTELLA

Á tarántula Lanuxa o que máis lle gostaba no mundo era bailar a súa danza, a que levaba o seu nome: a tarantela napolitana. Para este arácnido tan temido no planeta enteiro pola súa presenza arrepiante e máis pola picada velenosa e mortal,  era unha ledicia infinda mover tódalas patas _as oito_ ao ritmo da música febril  e trouleira _ou no silencio máis absoluto_ ata conseguir chamar a atención i enfeitizar ós namorados, ás súas presas ou aos seus inimigos. Cantas veces a mesma técnica serve para cousas ben diversas…
Dicían as lendas que precisamente eses depurados movementos hipnóticos da tarántula cazando foron a base para que humanos italianos do sul remedáranos cun baile festeiro   e bulinte que  lembra á temible e mortal araña-lobo e aínda disque cura a tolemia que produce a súa picadura. Outros contos dicían por contra, que o  veleno inxectado  na mordida é o que provoca sacudidas nos corpos das vítimas, semellantes a unha danza nervosa e sen acougo.
A Lanuxa todas as lerias lle parecían de marabilla, ata que un bo día bailou tanto e tan ledo para intentar subxugar a unha cascuda gorda e seguramente saborosa, que rematou facéndose un nó de oito cabos que nin sequera puido desfacer baixo a atenta mirada dos seus catro ollos. Tivo que fuxir a saltos ben avergoñada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario