Traduce al gallego o a otro idioma

lunes, 24 de marzo de 2025

PITUFIÑA ARTRÍTICA

 


O QUE CHE SAIA DA SAIA

Pitufiña artrítica,

a idade de soñar nunca pasa,

aínda que as dedas sexan tortas,

as paixóns locen frechas,

certeiras e dereitas.

Pitufiña pioneira,

soíña nun bosque de nabos,

berra alto as túas teimas,

argumenta coa lóxica ilóxica

das mentes claras  

Que non hai mellor arma 

que a que está no caletre,

entre a emoción e o inxenio.

Pitufiña azul zafiro,

pisa forte cos tacóns de agulla

i avellenta co teu ritmo,

o que che saia da saia.















viernes, 14 de marzo de 2025

BRUXIÑO REBORICO

 



Rabo de vaca,

rabo de besta,

afía a navalla

e fai unha cesta.

Non un goxo,

non un paxe;

unha cesta de gosto

pra ir de romaxe.

Como a costureira

 do pío-pío

non dá puntada

sen sacar fío,

ti farás dunha palla

seca i ergueita

unha frauta pastora

ben cantareira.

E aquí, no monte

das lamaceiras

botarás a tonada

namorandeira.

Que che oian en Parga

i en Guitiriz,

desde A Reborica

i ata en Buriz.

E xamais esquezas 

a túa navalla,

anque marches a Franza

ou voltes a España.

Porque a folla de aceiro

tan aguzada

dá fe do oficio

dos que ben labran.

Ou dos que aproveitan

que o tempo pasa.