Rabo de vaca,
rabo de besta,
afía a navalla
e fai unha cesta.
Non un goxo,
non un paxe;
unha cesta de gosto
pra ir de romaxe.
Como a costureira
do pío-pío
non dá puntada
sen sacar fío,
ti farás dunha palla
seca i ergueita
unha frauta pastora
ben cantareira.
E aquí, no monte
das lamaceiras
botarás a tonada
namorandeira.
Que che oian en Parga
i en Guitiriz,
desde A Reborica
i ata en Buriz.
E xamais esquezas
a túa navalla,
anque marches a Franza
ou voltes a España.
Porque a folla de aceiro
tan aguzada
dá fe do oficio
dos que ben labran.
Ou dos que aproveitan
que o tempo pasa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario