Traduce al gallego o a otro idioma

jueves, 6 de marzo de 2025

Meiga Dediñas

 




















Ola, bechos e bechas. Son a meija Dediñas Lanuxa. Vou descalsiña de pes porque non teño cartos para sapatos, como moitos nenos e nenas do mundo no que vós tamén vivides sen miralos. Non quero que fagades nada máis que abrir os ollos e pechar a vosa pantalla de móbil un momento. Veredes cántas inxustisas descubrides ao voso redor: na rúa, no instituto, no supermercado, nos ollos dos vosos avós, nas caras dos vosos irmáns e pais... Ollade con atensión e pensade, non no que vos apetese, senón no que pode nesesitar esa persoa que agora vos está mirando. Sodes capases de adiviñalo? Non? Sejuro? Ollade con atensión... O mundo fálavos, a veses sen palabras, a veses con verbas mainas. Escoitádeo en silensio, atentos. O mundo darávos a chave do que tedes que faser por el e do que vós mesmos sodes.

Grazas por escoitar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario